11.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Polémica do xabaril. Denuncian que un equipo de altos funcionarios está “tapándolle os ollos” ós políticos da Xunta

O presidente da asociación de clubs e cazadores de Caza Maior de Galicia expresou o apoio desta entidade as demandas acordadas por Unións Agrarias e os tecores de Santa Comba, Muxía, Zas, Camariñas e Mazaricos con respecto á problemática do xabaril.

Francisco Chan ten claro que evitando interlocutores non válidos “os tecores coñeceron de primeira man a iniciativa de Unións Agrarias” e que estas entidades “non poden cargar cos danos do xabaril”. En declaracións a Radio Xallas precisou que “en nome dos tecores só deben de falar os presidentes dos tecores”.

Altos funcionarios con “moito poder”

Tamén denunciou que “os políticos están sendo  enganados por un equipo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural con moito poder, que lle está tapando os ollos ós políticos”.

Chan agarda que o Presidente da Xunta, “se dea conta” de que este equipo de funcionarios “actúa como un tapón da xestión” e se fagan cambios como os realizados na Dirección Xeral de Montes.

Recalca que no caso concreto desa Dirección Xeral “hai altos funcionarios” que forman parte dun equipo “que non se cambia nunca” e que ten moito poder.

Apelou á necesidade de desenvolver a Lei de Caza, e o chamado fondo de corresponsabilidade. Está convencido de que a proposta de tecores e UUAA pode ser “o principio dunha solución” para a xestión do xabaril en Galicia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos