Ramón Antelo e Carmen Pazos son desas persoas que da noite á mañá empezaron a encher o libro da súa vida de aeroxeradores, documentos e pancartas. Cruzouse no seu camiño un proxecto de Greenalia. E así comezou a historia.
“Pillounos de sorpresa. Dicían que estaba todo preparado. Ou se vendía ou se expropiaba. Que viña un parque eólico. Pero nós seguimos loitando. E algo xa conseguimos”. Así falaba Ramón en Radio Xallas, un dos altavoces que encontraron os veciños.
Entrevista a Ramón Antelo- Desde minuto 62
Ese logro refírese a un aeroxerador que estaba proxectado na contorna da Fervenza de Castriz, unha das xoias naturais da Terra do Xallas. “O aeroxerador que vai máis cerca da Fervenza parece que non se vai a poñer”. A preocupación segue activada porque no seu sitio instalarase unha antena anemométrica. E claro, as dúbidas quedan.
Sobre o proxecto “sabemos que está indo adiante pero as obras non as empezaron de momento”. Antelo lamenta “o pouco apoio” que recibiron.”A Consellería de Industria fai tres anos que non nos respondiu. A Valedora do Pobo sí que nos respondeu”.
Portas abertas do concello de Santa Comba
Aínda que non lle consta que se presentaran escritos destaca tamén apoio a actual alcaldesa María Pose (“que xa foi a primeira que firmou”) e do mandatario saínte, David Barbeira.”Tivemos as portas abertas do concello” apunta. Tamén personaliza no apoio recibido polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez “que sempre estivo aí”. Sen esquecerse das outras plataformas veciñais e entidades como Petón do Lobo.
Sondaxes mineiras
Outro dos temas aos que se referiu foron as sondaxes ilegais da Braña da Serra por parte de Eurobattery Minerals. O que sí recrimina e que despois das denuncias e dos expedientes iniciados, secan os veciños os que teñen que estar pendentes:”As administracións deben de loiitar e protexer os veciños, e inspeccionar os sitios, máis despois de haber denuncias”.
Ramón Antelo pensa que “hai que manter vivo o rural” e defender a estas zonas de posibles agresións ecolóxicas que tampouco crean emprego. “A Costa da Morte é como un enxame de abellas”.