3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

Expediente sancionador a Eurobattery Minerals polas prospeccións na zona de Castriz

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación iniciou un expediente sancionador á empresa Eurobattery Minerals polas actividades realizadas na zona da Braña dá Serra en Castriz.Ordenouse ademais a suspensión das prospeccións.

Así o comunican desde a administración autonómica á asociación Petón do Lobo, que presentou unha denuncia ao coñecer as intencións públicas da empresa  Eurobattery  Minerals, que se concretaron na zona situada nos límites entre Santa Comba e Coristanco. Petón  do Lobo advertía que as sondaxes carecían “dás preceptivas  autorizacións  mineira, ambiental e urbanística”.

Pola súa banda, en declaracións a Radio Xallas, o presidente da asociación en Defensa da Costa da Morte, Mario Maceiras, cualificou de “escándalo” as actividades de Eurobattery e valorou que grazas á “magnífica” inquietude veciñal “ tivemos a primeira gran vitoria de  ADECOM” e lográronse frear “unhas sondaxes ilegais”. Maceiras fixo referencia ás dilixencias abertas polo Seprona da Garda Civil. Os veciños da zona de Castriz temían que as sondaxes poideran afectar ás augas veciñais.

Entrevista a Mario Maceiras (ADECOM) Desde o minuto 65

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos