15.9 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

Consideran que as sondaxes de Eurobattery son “un abuso de poder” e advirten dos perigos do proxecto

Petón do Lobo, BerXallas e Ecoloxistas en Acción alertan do posible impacto e da ilegalidade das sondaxes previstas.

O anuncio das prospeccións en Castriz por parte da empresa Eurobattery Minerals provocou distintas reaccións e tamén denuncias.

Desde a asociación ambiental Petón do Lobo confirmaron a presentación de denuncias urxentes para paralizar os traballos, xa que “carecen das autorizacións necesarias”. Apuntan que trátase de “sondeos inclinados, de modo que aínda que a actual campaña se faga sobre parcelas de superficie no concello de Coristanco, estas son contiguas ao concello de Santa Comba e afectan en profundidade tamén a este concello”.

Tamén se denunciou desde Ecoloxistas en Acción, que alertan do “valor e da alta singularidade ecolóxica” da zona e dunhas actuacións sen permisos nin avaliación ambiental. Opinan que as sondaxes “poden afectar a acuíferos e ao nivel freático”.

Plataforma BerXallas

Desde a plataforma BerXallas están convencidos que o proxecto de Eurobattery representa “un perigo para a nosa saúde”. Segundo o voceiro da entidade, Xosé Abelenda “só pretenden sacar o máximo de rendemento en pouco tempo. Non lles importa deixar todo feito un estrago e contaminar a nosa auga. O único beneficio é para eles”.

Desde a BerXallas destacan que “non teñen permisos” e piden a intervención do goberno local de Santa Comba porque “isto vai crear pobreza e acabar co pouco que temos. Temos que parar a minería a ceo aberto”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos