A Alameda de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 5 de xuño unha manifestación. Será a partir das 12 do mediodía.Segundo os promotores, máis de 20 colectivos convocan a toda a sociedade galega a participar na Gran Marcha contra a Invasión Eólica baixo o lema “Eólica. Así Non”. E outras tantas entidades apoian a mesma.
Segundo o manifesto dos colectivos “estamos a favor das enerxías renovábeis, pero sempre que sexan sustentábeis, non á costa da destrución do medioambiente e comprometendo a calidade de vida das galegas e galegos”.Demandan “un novo modelo de desenvolvemento eólico en Galicia, coa moratoria das instalacións en tramitación, e a paralización e prohibición dos muíños eólicos próximos a núcleos de poboación” entre outras medidas.
Tamén propoñen distintas medidas de protección medio ambiental, ampliación da superficie protexida, unha transición ecolóxica ordenada ou o “ dereito á explotación do vento en Galiza, como recurso natural de caracter público”.
Convocan esta manifestación, que coincide co Día mundial do Medio Ambiente:Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA, Amigos da Terra, Confederación Intersindical Galega – CIG, Federación Ecoloxista Galega – FEG, Federación Rural Galega – FRUGA, Verdegaia, Rede do Patrimonio Cultural, Rede Galega por un Rural Vivo, Aldeas Libres de Macroeólicos-Non ao Macroparque Ordes-Curtis, Amigas das Árbores de Ourense, Asemblea do Suído, Asociación de Veciños O Outeiro de Sanamede de Monte – Afectados Troitomil de A Baña, Asociación Roxín Roxal , Asociación O Sorriso de Daniel, Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán «Agra», Calo rural, Colectivo A Rula, Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, Plataforma pola Recuperación do Sar, Quijote de Outes, Rede do Rural, Salvemos A comarca de Ordes, Sos Encrobas.