12.4 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Rubén Lorenzo:”Que se presente un proxecto eólico non significa que vaia a ser aprobado. Moitos quedarán no camiño”

O deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, enviou desde Radio Xallas “unha mensaxe de tranquilidade”  ós veciños da Costa da Morte e doutras zonas afectadas por proxectos eólicos, asegurando que “unha grande parte dos proxectos vanse a quedar no camiño”.

Lorenzo considera que a enerxía eólica é “unha oportunidade para Galicia” pero ten que ser “con todas as garantías”, aclarando que o feito de que “ se presente un proxecto éolico non significa que vaia a ser aprobado pola Xunta”.

Entrevista desde o minuto 16

Avalancha de proxectos 

O deputado popular explicou que en base á normativa do Ministerio de Transición Ecolóxica os distintos plans deberán estar en tramitación antes de 2022 para poder facerse nas condicións actuais.”Isto provocou que as empresas multinacionais presentaran unha avalancha de proxectos para non perder esas condicións”.

Recoñece que a Costa da Morte é “un dos sitios máis atractivos para estas empresas” pero “unha cousa é tramitar un proxecto e outra  que finalmente os muiños se instalen. A Xunta ten claro cales son as liñas vermellas e onde non se poden instalar os parques”.

Rubén Lorenzo pediu ós cidadáns que “non se deixen levar por discursos catastrofistas que teñen un interese político e non contan a verdade”.

No programa Na Encrucillada, o parlamentario carballés tamén falou dos investimentos anunciados no Polígono de Carballo, do debate sobre a protección do lobo e da Lei de Recuperación de Terras aprobada recentemente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos