O portavoz de Agromuralla lamenta que os produtores perderon unha oportunidade de conseguir mellores prezos:”Había que esixir un pouco máis. Sabíamos que os custes ían subir, pero seguimos asinando contratos mentres a industria nos azouta”.
Entrevista a partir do minuto 60
Roberto López bota en falta máis unión:”Parece que estamos amoldados a vivir no límite pero creo que é hora de dar un golpe na mesa. Non podemos estar pagando sempre os pratos rotos”.
López pensa que pode haber unha subida de prezos, pero non considera lóxico ter que estar a expensas das empresas cando hai a fórmula dos contratos.“Somos un referente a nivel europeo” comentou en Radio Xallas “e o mellor en vez de subir a produción un 2% anual pois deberíamos de subir un 20% e poñernos serios”.
Lei de recuperación de terras agrarias
Con respecto a recente lei aprobada no Parlamento de Galicia, sobre a que tamén opinión Isabel Vilalba do Sindicato Labrego Galego, o portavoz de Agromuralla quere ser optimista porque considera que “é unha porta aberta para poder conseguir base territorial que é moi necesaria”.