14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Isabel Vilalba:”O sector lácteo está totalmente desprotexido. O marco actual non é valido»

A reflexión da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego é contundente:”Non se pode permitir que as industrias afoguen a un sector que está desprotexido.O sector lácteo está totalmente desamparado”.Para Isabel Vilalba diante dunha situación que se prolonga as administracións o único que ofrecen son “saídas en falso” e máis publicidade que outra cousa. 

Entrevista a Isabel Vilalba desde o minuto 24

Referiuse a renovación dos contratos paara criticar que as empresas presentan baixadas ou “conxelación” dos prezos do leite “sen ningunha razón obxectiva”.

Denuncia que séguese a utilizar o leite como produto reclamo e que polo tanto “o marco actual non é válido”. Puxo como exemplo que cando hai situacións como a xerada polo chamado Cartel do Leite, os gandeiros teñen que enfrontarse a “un proceso incerto e de anos”.  Ten claro que “os abusos teñen que compensarse de inmediato”.

Lei de recuperación de terras agrarias

Isabel Vilalba destacou que esta nova lei agraria “introduce elementos interesantes pero non é a única solución”.Para ela hai algo prioritario:”Non podemos seguir perdendo superficie agraria útil. Hai que protexer e incluso recuperar a terra e non podemos permitir que se siga forestando máis terra agraria”.

Lembrou que en Galicia temos un 21% de superficie agraria útil cando a media europea está no 40%.  E tamén demandou “a axilización dos procesos de concentracións parcelarias”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos