Dos 11.964 produtores lácteos que hai no estado español, uns 6.679 son galegos, cunha produción no pasado mes de marzo de 258.098 toneladas.
Materias primas máis caras, prezos baixos
O presidente de Africor Coruña e vicepresidente de Fefriga, Fernando Suárez Mouro, non oculta que “preocupa moitísimo” e “hai certa incertidume cos custes das materias primas”.
Isto unido aos baixos prezos, no que parece unha fotografía surrealista: “Os prezos son inferiores a outras comunidades, pero somos un referente tanto en producción como en calidade do noso leite”.
O gandeiro bañés confirmou que “nos contratos que se están asinando os prezos mantéñense” e hai “máis requerimentos e esixencias en canto a graxas e proteinas”. Así as cousas, os gandeiros optan por aumentar a produción:”Xa que os prezos son baixos, imos ao volume”.
Entrevista a Fernando Suárez a partir do minuto 86
Presidencia de Africor Coruña
Suárez Mouro comentou en Radio Xallas os seus primeiros meses na presidencia de Africor non contexto “atípico” da pandemia. O traballo centrouse en axudar a conseguir que no convenio da Xunta e o Ligal se acordase “facer analíticas con máis parámetros para ser máis eficientes”.Tamén en facilitar o reparto de seme nos domilicilios a través de Xenética Fontao.
Un reto é poder dar máis servizos aos asociados, con máis visitas ás explotacións, máis asesoramento e un servizo de acoplamento de touros. A idea é “estar máis cerca dos gandeiros”. Para coñecer as súas inquedanzas fixeron unha enquisa individual.
Fernando Suárez agarda que este ano se poida organizar algunha poxa de xovencas de raza frisona, o auténtico escaparate do sector.