10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Alertan da incidencia dos macroparques eólicos previstos en Bergantiños e na Costa da Morte

Os parques eólicos Orzar, Tornado, Berdoias e Pedrabante pola súa envergadura tramítanse a nivel estatal. Algo que a deputada do BNG, Noa Presa considera un “auténtico disparate”. Desde Radio Xallas, reclamou “unha tramitación íntegramente galega”.

Na mesma emisora falou sobre estes macroproxectos un dos voceiros da Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, Paco García:”Son parques dunhas dimensións bastante grandes que afectan a un territorio bastante amplo onde hai núcleos de poboación”.

Entrevista a Paco García- Desde minuto 31

Fixo referencia ao sobredimensionamento das poligonais destes parques, e fixo referencia, por exemplo, a que as poligonais dos parques Orzar e Tornado, promovidos por Greenalia, abranguen unha superficie de 59 km2 o equivalente s 3.300 campos de fútbol.

Para García Trigo os concelos deben de implicarse dun xeito decidido e alerta da perda da biodiversidade e da afección para a saúde.”Hai un descontrol normativo e administrativo que permite isto que está acabando nunha burbulla”.

Este portavoz da Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, que este vindeiro sábado organiza en Carballo unha xornada informativa, entende que “ten que haber unha planificación e un novo plan sectorial eólico xa que o que temos está totalmente obsoleto”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos