9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Noa Presas:”Seguimos pagando unha tarifa eléctrica moi cara, a pesar de que somos unha potencia enerxética”

A portavoz de industria do BNG, Noa Presas, denuncia que a Xunta “está aplicando un modelo que está descontrolado e de costas á cidadanía”.Considera que “fai falta unha planificación” e critica que “non hai un dimensionamento dos proxectos e os muíños son cada vez máis grandes”.

Entrevista a Noa Presas- Desde o minuto 30.

Desde o BNG apelan “á calma e a facer as cousas ben” e lembran que “as previsións son de triplicar os 4.000 megavatios que hai instalados” en Galicia. Ante esta “falta de transparencia total”, Presas demanda a creación dunha oficina específica para garantir a información e “máis garantías de negociación”.

Pensa tamén que “é un auténtico disparate” que poidan xestionarse parques a nivel autonómico e estatal e pide “unha tramitación íntegramente galega”. Outra proposta dos nacionalistas é unha tarifa eléctrica galega, ou a creación dunha empresa pública de enerxía, ou  que o canón eólico se lle aplique ás empresas non en función do número de muíños senón en función da potencia instalada e aumentar a participación dos concellos no Fondo de compensación ambiental. 

Noa Presas asegurou que no BNG “estamos moi preocupadas” polo actual modelo eólico que non repercute nos veciños e incluso lles ocasiona moitos inconvintes. Esta semana Ana Pontón visitaba o concello de Mazaricos, onde explicaba o posicionamento e as propostas do BNG no referente á cuestión eólica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos