12.3 C
Santa Comba
domingo, noviembre 27, 2022

Ana Pontón propón un modelo público fronte a actual febre eólica

Nunha visita ao concello de Mazaricos, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou  “unha febre eólica moi agresiva, tanto na forma como no fondo, pola prepotencia e os abusos das empresas, que busca apropiarse dos recursos naturais do País sen apenas deixar riqueza nin xerar emprego, mentres que a Xunta, -en lugar de velar polo interese público-, mira para outro lado ou mesmo actúa de parte do interese privado”.

Pontón propuxo como alternativa un desenvolvemento eólico desde “un modelo público, xusto, sustentábel e participativo dos recursos, fronte ao modelo depredador que permite o Goberno do PP”.

A política nacionalista afirma que “pode haber desenvolvemento, pero deixando riqueza aquí, sen agresividade con medio ambiente, porque o que non é viable nin xustificable é a implantación de parques eólicos a toda costa”.Puxo como exemplos os proxectos que afectan a núcleos habitados ou a actividade agrogandeira “como é o caso de Mazaricos, A Baña, Ordes ou O Deza”.

Entre esas propostas do BNG figura declarar ben público a enerxía como sector prioritario da economía, crear unha empresa pública de enerxía, “que garanta un retorno dos beneficios para os galegas e os galegos”, e establecer como obrigatorio para desenvolver proxectos eólicos contratar a construción e subministro de compoñentes con empresas radicadas en Galiza.Ana Pontón tamén reivindicou unha tarifa eléctrica galega.

Tamén propón que o canón eólico se lle aplique ás empresas non en función do número de muíños senón en función da potencia instalada e  aumentar a participación dos concellos no Fondo de compensación ambiental.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,791SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos