13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Advirten da “desfeita” ambiental que poden provocar os parques éolicos previstos na contorna

A pasada fin de semana preto de 220 persoas manifestábanse en Seilán(A Baña) contra os proxectos eólicos previstos na zona. A preocupación non é menor: “Pasamos de aeroxeradores de 0,5 megavatios a ter colosos de 200 metros de altura e 4,5 megavatios” sinalou en Radio Xallas, Roberto Vilela, da plataforma veciñal Quijote de Outes.Na mesma localidade onde vive Vilela, Valadares, está proxectado un parque éolico “enriba dunha concentración parcelaria”. 

Denuncian que “o sur da provincia da Coruña vai a ser unha área de sacrificio”, cuns 500 mw sumando os proxectados e os instalados nunha área de pouco máis de 60 km2. Un exemplo é o monte de Banzas que vai soportar a enerxía de seis parques eólicos.

Entrevista a Roberto Vilela- A partir do minuto 60

Roberto Vilela pensa que hai que mobilizarse diante desta posible “desfeita ambiental” xa que “os proxectos eólicos carecen de estudios hidrolóxicos e hidroxeolóxicos que garantan  a conservación de hábitats prioritarios como brañas e turbeiras”.

Considera ademáis que as administracións deberían reaccionar ante es boom eólico e impulsar unhas normativas que foran “sostibles”. Casualmente esta semana comezaba a exposición pública dos proxectos dos parques eólicos de Berdoias e Pedrabante, que suman 37 aeroxeradores e máis de 166 megavatios de potencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos