6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Senda Nova continúa cos seus programas medio ambientais

A asociación ambiental Senda Nova leva varios lustros organizando distintas actividades.

“É moi bonito ver crecer todo isto. Foise creando unhas bases boas” comenta José Manuel Ménendez. De feito hai actividades como a “Primavera en Ruta” que arranca o vindeiro domingo cun traxecto de 20 kilómetros “O Son do Anllóns”, e xa leva unha ducia de edicións. Houbo que prolongar o abano co “Outono en marcha” para ir dando acubillo a unhas dezaseis rutas de sendeirismo.

Tamén se esforzan moito na divulgación, por exemplo coa Escola ambiental:”A aprendizaxe vainos a facer máis sensibles” opina Menéndez. A entidade ten o seu local social en Oza(Carballo). No “Espazo Natural de Oza” hai unha biblioteca a un invernadoiro, por exemplo.

José Manuel Menéndez

Senda Nova tampouco quere ser allea a actualidade social e non oculta a súa preocupación polos diferentes proxectos eólicos:”Os parques eólicos fan que tripliquemos esforzos, para apoiar aos movementos veciñais que están en contra destes proxectos irracionais”.

Tamén colaboran con entidades como Hábitat para botarlle unha man á “Píllara das dunas” na súa loita pola supervivencia. De todo isto falou José Manuel Ménendez nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Neste audio desde o minuto 62

Tamén se falou de “Abrindo o Camiño” a revista do colectivo Senda Nova, que no seu último número ofrece unha entrevista co ornitólogo Xosé Luis Rabuñal, unha repotaxe sobre a problemática eólica” ou sobre o Castelo de Portomeiro

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos