”A xente está un pouco farta de que se regale o territorio ás grandes empresas” (Entrevista minuto 35)
O portavoz nacional de Anova valorou que haxa concellos (o caso de Lalín) onde os plenos aproben pedir unha moratoria para a implantación de parques eólicos.Para Antón Sánchez é necesario “que se pare ata que se faga unha planificación racional e un novo plan eólico adaptado aos tempos e que non impacte negativamente no medio ambiente”.
Nesta liña destacou que “a mobilización está incrementándonse e a xente está un pouco farte de que se regale o territorio ás grandes empresas sen ter en conta á xente que vive no rural”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas incidiu na idea de que “os recursos naturais deben de revertir” no medio rural, e amosouse convencido de que “a mobilización veciñal vai a parar a desfeita ambiental, paisaxística e económica dos actuais proxectos eólicos”.
Trámites administrativos opacos
Deixou claro que Anova non está en contra da enerxía eólica:”Non se discute a necesidade das enerxías renovables senón en beneficio de quén se fan”, puntualizando que “o Partido Popular traballa para os oligopolios eléctricos e para a elite económica”.
Para Antón Sánchez habería que apostar por parques eólicos públicos, sendo incluso os seus promotores os donos dos montes.Outro problema é a tramitación:”A administración autonómica buscan trámites opacos que non favorecen a participación cidadán”. Desde Anova tamén sinalan que se “aprobaron leis que reducen os prazos”.