11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

“Vímonos moi sós lendo proxectos de mil e pico follas para preparar as alegacións”

– Xosé Manuel Lema-

En cada lugar coas súas particularidades e coas súas reclamacións pero se hai algo común nas queixas veciñais contr os parques éolicos, é a falta de información. E tamén a soedade inicial das persoas afectadas.

Veciños de tres parroquias do concello de Baña (San Mamede de Monte, Santa Baia de Lañas e San Pedro de Fiopáns) e dunha parroquia de Negreira(Santa María de Portor) están no ámbito do proxecto eólico de Troitomil.

“É unha bomba. Algo para o que non estás preparado a enfrontarte. Foi unha sorpresa grande.Esta e unha situación de indefensión de veciños que vivimos nas aldeas”. Así se explicaba en Radio Xallas, Carme Varela, veciña de San Mamede de Monte.

Entrevista a Carme Varela- Minuto 16

Para Varela “nin sequera as instituciones están preparadas. Vímonos moi sós lendo proxecto de mil e pico follas para preparar as alegacións, incluso con páxinas en inglés”.

Nas súas palabras estamos “ante aeroxeradores inmensos.  Como poñer tres torres de Hércules e aínda nos faltaría unha cuarta”. Con casas cercanas, montes de de onde sae a auga parar quince aldeas, e terreros urbanizables que “quedarán hipotecados” se isto se aproba.Teñen máis de seiscentas alegacións preparadas e continúan xuntando.Teñen o apoio de toda a corporación bañesa. E agora teñen a esperanza de que todo isto quede nun pesadelo.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos