7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

O sector lácteo explota:”Non podemos perder sempre os produtores”

No sector lácteo hai malestar. Mentres os custos de produción aumentan os prezos do leite seguen estancados.“Despois de normativas e plans de dinamizacion a realidade e que seguimos igual. Suben os custes de produción pero o noso leite non. E claro, estamos moi preocupados” comenta o dirixente de Unións Agrarias, Óscar Pose.

Entrevista a Óscar Pose (Minuto 21)

“Non podemos perder sempre os produtores. Hai que tomar medidas reais. A Lei da Cadea alimentaria non se cumpre. E polo tanto o Ministerio de Agricultura simplemente ten que aplicar a lei. A administración ten todos os datos  e ten que actuar de xeito inmediato”.

Non fai moito nun acto público o ministro Luis Planas asegura que  “traballamos por dignificar a retribución de agricultores e gandeiros”, e defendía uns prezos que garantiran a viabilidade das explotacións.

«Aquí non hai negociación»

Óscar Pose destaca o incremento do consumo, e dos prezos da manteiga e do leite en pó, e que en Galicia están “as explotacións máis eficientes de España”.

Con todo iso os contratos estanse revisando e non recollendo nin estes mensaxes optimistas do goberno nin o que esixe a lei. “Hai que deixar esta falacia. Aquí non hai negociación”, sinalan desde Unións Agrarias, que lamentan que “seguen pechando explotacións”.A pandemia é unha eiva, pero con todo isto, no sector lácteo xa están pensando en mobilizacións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos