6.5 C
Santa Comba
sábado, diciembre 10, 2022

ContraMINAcción alerta da presenza de niveis alarmantes de metais pesados en Varilongo

Os colectivos de ContraMINAcción alertan de que as analíticas das verteduras de Varilongo evidencian que as concentracións de cadmio, cobre e cinc superan varias veces os máximos legais permitidos.Segundo esta rede de asociacións, as analíticas realizadas polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia confirman  “a presenza de niveis alarmantes de metais pesados”. Unhas concentracións que, ao parecer, superan amplamente os limites máximos que establece a lexislación.

Para ContraMINAcción estas drenaxes están contaminando o río Xallas “a través dos regos dos Langos e da Braña Ancha”, tal e como denunciaron o pasado mes de outubro.

«Altísimas concentracións de cobre, cinc e cadmio»

Alertan que nas análises detectáronse “altísimas concentracións de cobre, cinc e cadmio” nunhas verteduras que proceden da galería denominada “Transversal Carballeira”, superando a presenza de cadmio en máis de  325 veces o máximo legal permitido, os de cobre 145 veces e os de cinc case 100 veces máis.

A rede ContraMINAcción denuncia a inacción das administracións, entre elas o ente público Augas de Galicia. Critican que non iniciara ningún procedemento sancionador polo momento. E lembran que está aberto un procedemento na ONU e outro no Parlamento Europeo, así como “diversas actuacións xudiciais” por denuncias cursadas pola Fiscalía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos