Desde o Colectivo Ecoloxista PX da Costa da Morte levan varios anos reclamando a prohibición de batidas de caza de raposo na provincia da Coruña, sobre todo nos coutos da costa, e tamén queren que se acabe cos campionatos de caza, porque estiman que «a caza non é un deporte, é unha actividade tradicional no campo galego, que debe ser repensada no presente século, pero nunca un deporte».
Sobre o raposo denuncian que nos últimos anos na zona costeira da provincia «as camadas sofren varios andazos que están acabando cos exemplares», en concreto falan neste ano dunha intensa propagación da sarna que teñen constatado na ría de Camariñas, Soneira e Bergantiños. Desde PX indican que avistaron a semana pasada raposos que estaban sans e presentan a metade do corpo esfoliado polo ácaro da sarna, animais que foron gravados por membros do grupo.
Ácaro da sarna nos raposos comúns
O ácaro Sarcoptes scabiei é a causa máis importante de sarna en raposos comúns. Provoca caída extensiva de pelo, comezando pola base da cola e as patas traseiras, despois polo lombo antes de estenderse polo resto do corpo. Nas fases finais desta doenza, os raposos poden perder máis da metade da súa pelaxe, o 50% do seu peso corporal e poden roer as extremidades infectadas. Na fase epizoótica da doenza, polo xeral os raposos tardan catro meses en morrer despois da infección.
Os raposos comúns están vencellados a transmisión da rabia en Europa. Poden enfermar de listeriose e espiroquetose, e poden actuar como vectores na propagación de erisipela, brucelose e encefalite transmitido por carrachas. Os raposos pola contra non son propensos á coller pulgas. Especies como Spilopsyllus cuniculi poden ser transmitidas a través das presas capturadas polos raposos. Tampouco as Carrachas do tipo Ixodes ricinus e I. hexagonus son frecuentes nos raposos. O piollo Trichodectes vulpis diríxese especificamente a raposos, mais é relativamente infrecuente. Outros ácaros afectan ao conducto auditivo, as pasaxes nasais.