16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

A Fruga considera que “os prezos do leite deberían estar subindo como no resto de Europa”

A Federación Rural Galega denuncia a situación que está vivindo o sector lácteo galego, que segue “sufrindo os abusos da industria”, poñendo como exemplo á empresa Lactalis que na última renovación de contratos “presentou unha oferta aos gandeiros galegos, cuns prezos similares, nalgúns casos e noutros con prezos máis baixos que a campaña pasada”.

Entrevista a Manuel da Cal- (Desde o minuto 33 deste audio)

En declaracións a Radio Xallas, o coordenador xeral do sindicato, Manuel da Cal asegurou que “os prezos do leite deberían estar subindo como no resto de Europa”. Lamentou que nin as administracións estaban adoptando medidas nin as OPL cumprían co seu cometido:”As organización de produtores(OPL) tampouco son eficientes. Os instrumentos que temos non están sendo útiles”.Recriminou a actitude da Xunta que “eliminou tódolos foros de debate”.

Unha empresa láctea galega

“Aquí temos volume de leite a prezo barato, un modelo de produción colonial” engadiu Manuel da Cal, destacando que “o sector produtivo está nas mans de empresa de fora de Galiza”. Pensa que os fondos “Next Generation” poderían ser unha boa oportunidade para resolver unha débeda pendente, unha empresa láctea galega, se ben é consciente de que a Xunta “non ten esa predisposición”.

Sobre a problemática do lobo

Sobre o debate encol da protección do lobo, desde a Federación Rural Galega pensan que hai interese no goberno galego por alimentar un enfrontamento co goberno estatal e aclaran que a inclusión na Listaxe(LESPRE), “non quere dicir que se hai danos non se poda actuar. Si se poden eliminar lobos no caso de que sexa necesario”. Con todo isto apoian un pago “axeitado” dos danos ocasionados polos cánidos.

«Ao deixar de ser o lobo unha especie cinexética é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente o seu control, e é iso o que significa a inclusión do lobo no listado de protección especial. A sua inclusión neste listado non quere dicir que non se podan realizar controis da súa poboación alí onde se considere preciso» explican.

Na entrevista no programa “Na Encrucillada”, Manuel da Cal Vázquez tamén criticou a revisión do Plan Forestal de Galicia porque entre outras cousas “coxea xa que se parte de datos que non son reais” e reflexa un “exceso de eucalipto”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos