O deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, e un dos membros da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos que debateu sobre a protección do lobo.
Para Lorenzo estamos ante “unha decisión totalmente baleira de consenso e carente de diálogo no fondo e na forma, que pode traer consecuencias bastante importantes”.
Entrevista a Rubén Lorenzo- Minuto 36
No senso de que incluso sería “prexudicial” para a especie, xa que como indican colectivos como APERFASA, podería incrementar o furtivismo.“Debe de existir un equilibrio entre a conservación do lobo ibérico e a actividade gandeira e a viabilidade das explotacións” manifestou o deputado carballés.
Explicou que aínda que hai axudas polos danos, que este ano aumentan nun 60%, ”os gandeiros o que queren é que sobrevivan os seus animais e non vivir das axudas”.
Informou que está en licitación o traballo de actualización do censo do lobo e defendeu a unión das catro comunidades autónomos con maior presenza de lobo.
Proxectos eólicos en Rede Natura
Na mesma comisión tamén se debateu sobre proxectos éolicos e a afección á Rede Natura, por mor dunha pregunta do BNG. “Non se vai a instalar ningún parque eólico que non cumpra todas as esixencias medio ambientais da lei. A normativa é máis estrita do que nos quere facer ver algún grupo político”.
Seguindo na liña da Directora Xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, que afirmou que non se concederan permisos para parques eólicos en Rede Natura desde 2009 (hai varios en repotenciación), Rubén Lorenzo lembrou que “os proxectos que se están desenvolvendo(Rede Natura) foron aprobados na época do bipartito. Parece que están en contra do que eles mesmos deron luz verde”.