12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

O proxecto eólico de Monte Chan recibirá distintas alegacións polo seu impacto nos Penedos de Pasarela e Traba

O documento do inicio do proceso de avaliación do impacto ambiental do parque eólico Monte Chan, que afecta a Vimianzo e Laxe encendeu as alarmas de distintos colectivos que denuncian públicamente o dano que pode causar a una paisaxe protexida como son os Penedos de Pasarela e Traba.

BNG e Adiante Vimianzo

Os grupos locais do BNG en Laxe, Camariñas e Vimianzo fan un chamamento aos gobernos locais para que reaccionen e que “elaboren informes sectoriais” que recollan as particularidades das zonas afectadas polos proxectos de Monte Chan e Os Mouros.”A movilización cidadá, moi necesaria sempre, non pode substituír os labores e as funcións da propia Administración” afirman, anunciando que presentarán alegacións.
Desde Adiante Vimianzo, presentaron unha moción no concello soneirán, en referencia ao parque de Monte Chan “que danaría irremediablemente esta paraxe natural”.

A concelleira deste grupo, Marta Rey, iniciou unha petición na plataforma Change.org, denonimada “Salvemos os Penedos de Pasarela e Traba”, que no momento de escribir este artigo xa levaba preto de 2.000 sinaturas recollidas.

“Urxe poñérmonos en marcha e loitar novamente para salvar os Penedos de Pasrela e Traba. Conseguimos daquela gañarlle á batalla á canteira e demostrar que os Penedos son moito máis que pedras. Agora toca loitar de novo” explícase nesta iniciativa.

Oposición de Contramínate e Petón do Lobo

Tamén se posicionaron, abertamente en contra, entidades como Contramínate, que informan :”Dos 16 viraventos, 2 irían fronte á Torre da Moa, na Mixirica, outro a escasos metros da Cachucha e outro no monte de Vadalama ao caron dunha necrópolis megalítica de catro mamoas , 2 máis no monte da Lagoa, onde se atopa o mirador de Coéns, 3 na zona de Pedra Raposa, lugares emblemáticos. Na zona da Pena dos Mouros e Pena de Mordomo irían otros 7 o que devastarían un espazo tan singular como os Penedos de Traba e Pasarela.Como veciñas implicadas co medio onde vivimos non podemos consentir tal iniciativa e tomaremos todas as medidas necesarias para tratar de frear semellante atentado paisaxístico, empezando por mobilizar a veciñanza e a administración para que non consinta os parques”.

Tamén a asociación Petón do Lobo critica este proxecto.

Declaracións da alcaldesa de Vimianzo

Pola súa banda , a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, anuncia que o concello presentará alegacións ao proxecto de Monte Chan: “Non podemos permitir que un área de tanta riqueza paisaxística e valor natural e social, así como a súa contorna, quede invadida polos muíños de vento. Que sexa Paisaxe Protexida implica unha serie de condicións e teñen que respectarse”.

Rodríguez Ordóñez aclarou que de momento non hai nada apobado:“Vamos a loitar onde faga falta para que non se leve a cabo o parque eólico, pero despois de facer varias consultas para poder trasladar e coñecer de primeira man, trasládolle á veciñanza que estamos a realizar alegación sobre a avaliación sobre o impacto ambiental nesta zona. Neste momento non hai nada autorizado. A Xunta deunos traslado deste expediente para proceder as alegacións correspondentes, e así o faremos”. 

A rexedora quixo lamentar que “se estea a enganar á veciñanza por parte dun grupo da oposición, e cabe lembrar que durante eles gobernaron nunca se opuxeron a ningún parque eólico. Deberían ser coñecedores que isto é un trámite previo a calquera autorización. Non se pode falar dun procedemento como este en presente, xa que está en fase embrionaria e nós aínda temos moito que dicir ao respecto”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos