7537 fans     1698 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

O Parlamento de Galicia amosa a súa disconformidade coa inclusión do lobo no Listado de especies protexidas (LESRPE)

Medio Rural | Publicada: 16/02/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
2
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 38 segundos.

A portavoz de Medio Ambiente  e deputada do Partido Popular, Marisol Díaz Mouteira, defendeu unha iniciativa que criticaba a inclusión do lobo no LESRPE asegurando que o obxectivo da mesma era “continuar garantindo a coexistencia do lobo coa gandería e a viabilidade das explotacións, unha base fundamental da economía no noso rural como fonte xeradora de alimentos e ferramenta na loita contra o despoboamento”. 

Para os populares a decisión adoptada polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o reto demográfico “carece de todo sentido e está absolutamente baleira de diálogo e consenso, rachando coa procura do equilibrio entre a actividade gandeira e a conservación do lobo ibérico”, manifestou Marisol Díaz. Ademais, apuntou que esta proposta “é unha absoluta e preocupante trangallada pola unilateral e irregular tramitación administrativa, por carecer de fundamento técnico e científico, por vulnerar as competencias exclusivas das comunidades autónomas e por provocar un gravísimo dano para o sector gandeiro”.

A proposta dos populares foi finalmente transaccionada co PSOE que presentou unha emenda, ao igual que o BNG(neste caso non foi aceptada).

PSOE E BNG piden máis axudas por danos

No debate en comisión, o deputado socialista Martín Seco defendeu que houbera un “consenso” co sector gandeiro. Criticou a falta dun censo do lobo actualizado e da demora das axudas, culpando destes extremos á Xunta de Galicia:”Hai danos cuantiosos e axudas residuais” afirmou Seco García.

Desde o BNG, Xosé Luís Bará, denunciou unha “campaña de lobofobia” nun asunto con “altas doses de manipulación, populismo e alarmismo”. Recriminou a falta de medios e a inacción do goberno galego. 

Tamén lamentou o “incumprimento” do Plan de Xestión do Lobo e insistiu na necesidade de constituír o “Foro Galego sobre o Lobo” e de axudas polos danos “rápidas, xustas e equilibradas”.

Desde o Partido Popular lembraron que se estaban dando axudas económicas cun “esforzo en solitario” sen implicación do goberno do estado.

ACORDOS ADOPTADOS

1.-O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que mostre a súa desconformidade coa inclusión de todas as poboacións do lobo ibérico ao norte do Douro na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE) e, a que demande ao Goberno de España paralizar o proceso e a manter o actual status legal das poboacións ao norte do río Douro.

2.-A liderar, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, a estratexia nacional para a conservación do lobo. Unha vez elaborada dita estratexia, actualizar ou elaborar un novo plan do lobo para Galicia, que debe ser froito do consenso entre as asociación en defensa do lobo, representantes das organización gandeiras e representantes do sector veterinario e no que deben participar os expertos do lobo presentes no comité técnico constituído recentemente.

 3.- Axilizar a actualización dos censos poboacionais e elaborar un novo mapa de presencia do lobo en Galicia.

 4.- Suplementar, se fose necesario, o orzamento de 2021 para prevención e danos por ataque de lobos ao gando, garantizando que cubra todas as solicitudes presentadas correctamente e o cobro destas nun prazo axeitado, ademáis de actualizar as contías por danos por ataque do lobo actuáis, tal e como ven recollido na orde de axudas.

PP e PSdeG votaron a favor dos catro puntos e o BNG votou en contra do primeiro e a favor do resto.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Actualización casos coronavirus Costa da Morte. Martes 2 de marzo

Estas son las cifras de nuevos casos diagnosticados en los últimos 14 días en las comarcas de Xallas, Bergantiños, So…

Ler máis
Veciños de Grixoa reclaman polo estado “lamentable” e “desolador” dunha pista arranxada fai uns meses

A asociación de veciños San Xoán de Grixoa presentou unha reclamación diante do concello de Santa Comba polas defici…

Ler máis
A subdelegada do Goberno visitou Vimianzo para tratar sobre os desperfectos da borrasca Karim

A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, mantivo un encontro en Vimianzo coas alcaldesas e alcaldes de Muxía, Cam…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
GDR Costa da Morte 2021
Ingenieria y Arquitectura Rodríguez
Autos Xallas
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Caneliñas II. Setenta aniversario de las ruinas de la última ballenera de España

García Cardeso empraza ao alcalde da Baña a pelexar pola estrada de Santa Comba

Pareja de guacamayos rojos de alas verdes apareándose

Esparza sobre la Expedición Balmis

Esparza sobre la Expedición Balmis

Opinión

Un secreto ecológico

Álvaro Rodríguez

Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Mar…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A mesma manobra

Álvaro Rodríguez

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433  millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos ú…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Grazas Paulino Castiñeira Castro

Xosé Manuel Lema Mouzo

A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
O Parlamento de Galicia amosa a súa disconformidade coa inclusión do lobo no Listado de especies protexidas (LESRPE) | Medio Rural | Adiante Galicia