A Organización Galega de Montes Comunais solicita a elaboración dunha normativa para o uso social do monte veciñal. O presidente desta entidade, Xosé Alfredo Pereira, defende que o monte debe ser “un espazo aberto dentro dun marco aberto, para disfrute da sociedade, con consetimento das comunidades de montes”.
”A Consellería de Medio Rural non fixo nin caso”
Sinala que como consecuencia da pandemia houbo un incremento de actividade no monte e tamén de acceso de motos e quads que dunha “forma desorganizada” provocan a “erosión” e un “atentado ecolóxico” en moitos casos.
Isto ademáis, en caso de accidentes sitúa ás comunidades como responsables civís subsidiarias, o que é un problema engadido. Critican a falta de resposta da Xunta as súas propostas:”A Consellería de Medio Rural non fixo nin caso” lamenta Pereira.
Outras das demandas que están trasladando desde a ORGACCMM é en relación coa “inxusta fiscalidade” que teñen que soportar e deixan claro que “o monte veciñal non ñe unha sociedade mercantil”.
Entrevista en Radio Xallas a Xosé A. Pereira- Desde o minuto 44
Plan Forestal Galego
Xosé Alfredo Pereira tamén opinou sobre o novo Plan Forestal, que debería ser “devolto ao consello forestal”, xa que entre outras cuestións “está feito en base a un inventario vello”.
Segundo Pereira “ten o consenso do sector madeirista e forestal pero non dos demáis compoñentes.Está feito para que as empresas forestais acaparen os montes”