12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Valoración positiva de Ecoloxistas en Acción:“Restamos un factor de mortalidade do lobo pero hai que facer moitas máis cousas”

Ecoloxistas en Acción valora positivamente a inclusión do lobo no Listado “LESPE” xa que “é unha revindicación histórica do movemento ecoloxista, que está amparada nun criterio científico”.

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, Alberto Rivero, destacou que “o lobo é unha especie ameazada, que non ten un estado de conservación óptimo pola variabilidade xenética”.

Entrevista a Alberto Rivero- Desde minuto 40

A nova categoría de protección é importante e “restamos un factor de mortalidade pero hai que facer moitas máis cousas” como medidas para mellorar o hábitat, pasos de fauna ou “máis medios materiais e humanos para a persecución do furtivismo”.

Rivero tamén defendeu “unha perspectiva ibérica de conservación”. Con respecto á presenza de lobos en Galicia sinalou que “as mandas de lobos son as mesmas durante os últimos vinte anos en Galicia”.

Cantos máis lobos cazados,  máis ataques ao gando

Negou unha superpoboación porque este especie “ten mecanismos de auto control da poboación”. O que quixo aclarar é que “a caza repercute nos ataques ao gando pola desestruturación das mandas”. Ou sexa que “o número de ataques de lobos aumenta cando aumenta o número de exemplares cazados”.

Desde Ecoloxistas en Acción sosteñen que “o movemento ecoloxista galego é moi rural, está moi pegado ás comunidades de montes”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos