11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Ecoloxistas en Acción insiste que Galicia Tin & Tungsten pretende converter Varilongo nunha megamina a ceo aberto

Desde Ecoloxistas en Acción afirman: “A pesar de que o proxecto aprobado en 2011 sen avaliación de impacto ambiental era apenas para minaría subterránea, agora a empresa pon sobre a mesa unha megamina a ceo aberto que esgotaría o xacemento de Varilongo en apenas 5 anos de explotación intensiva”.

O colectivo ecoloxista explica que estas intencións quedan reflectidas no “informe de viabilidade” publicado por Galicia Tin & Tungsten, filial de Rafaella Resources.

Afrman que o plan da empresa é iniciar a explotación de inmediato “operando durante os primeiros 3 anos baixo a tapadeira da Canteira da Mina, que apenas conta cunha autorización de aproveitamento de áridos, pero procesando o material extraído a ceo aberto pola canteira para extraer o estaño e volframio”.

Alertan de que a actividade mineira “funcionaría durante as 24 horas do día os 7 días á semana, realizando voaduras tamén ao longo da noite, o que o propio informe considera que pode ser un problema coa veciñanza polo ruído”.

Nun comunicado de prensa indican que “Ademais do grande cráter, que sería «restaurado» no 6º ano creando un lago ácido, o proxecto contempla crear unha balsa de lodos tóxicos de 20 hectáreas directamente encima da Braña Ancha, unha das tributarias do río Xallas, e dúas escombreiras de 35 e 10 hectáreas respectivamente. Estas instalacións de residuos implicarían a ocupación permanente de perto de 3.000 parcelas rústicas nas parroquias de Grixoa e San Salvador, en Santa Comba, e na de Cuns, en Coristanco”.

Augas contaminadas

Desde Ecoloxistas en Acción afirman que no devandito informe se recoñece que “ na actualidade a mina está sendo desaugada por gravidade a través da galería transversal Carballeira, tal e como levan denunciando dous meses grupos ecoloxistas e veciñais”. E que “actualmente estanse vertendo ata 250.000 litros ao día de augas contaminadas con metais pesados, sen tratamento algún, a pesar de recoñecer o informe a producción de drenaxes ácidas de mina”

Ecoloxistas en Acción xunto coa plataforma veciñal BerXallas e outros coletivos integrados na rede ContraMINAcción anuncian que “farán frente ao proxecto a pesar de que tanto empresa como Administracións pretendan aproveitar a crise do COVID para minimizar a oposición social, como recoñece o propio informe de viabilidade, que recoñece que a situación de pandemia podería reverter as tendencias de oposición á minaría”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos