A presidenta de Fademur-Galicia, Rosa Arcos, detectou que “durante o tempo de pandemia, especialmente nos dous meses de confinamento, as situacións de violencia víronse agravadas” no ámbito doméstico “pola presión da convivencia continuada durante as 24 horas, que agravou situacións que estaban máis pausadas ou larvadas”.
Isto provou unha maior “violencia psicolóxica” e unha “escalada de agresividade” con “moitas mulleres que o estaban pasando mal convivindo co seu maltratador e que non tiñan nin tempo libre para descolgar o teléfono”. Para elas “foi un tempo de moito sufrimento”.
«A violencia de xénero non atinxe só ás mulleres»
Coincidindo co 25 de novembro, desde Radio Xallas, Rosa Arcos, convidou á sociedade a reflexionar “que a violencia de xénero non atinxe só ás mulleres, é un problema do conxunto” e tamén a “cambiar a ollada de como nos comportamos” erradicando “actitudes permisivas e de complicidade”.Precisou que as vítimas “necesitan un punto de apoio e que no seu entorno se poñan do seu lado”.
Escoita a entrevista en Radio Xallas desde o minuto 32 deste audio