11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Isabel Vilalba critica a “visión triunfalista” que fai a Xunta do sector lácteo

Desde o Sindicato Labrego Galego non se amosan especialmente esperanzados coa anunciada Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo que aprobou o goberno galego.

“Estivo Samuel Juárez, Rosa Quintana, Ángeles Vázquez e todos os plans quedaron no camiño” lamentou Isabel Vilalba.”Non hai qune garantice un prezo.Seguen falando das OPL que nunca serviron para negociar nin un céntimo do prezo do leite” precisou.

Desde o seu punto de vista a Xunta de Galicia “ten unha visión tremendamente triunfalista da situación do sector lácteo”, pero lembrou que “había 13.000 explotacións e agora menos de 7.000”.

Critica que aínda que participou nas mesas que se celebraban para desenvolver este plan lácteo “nunca vimos as conclusións das mesas nas que participamos”. Tamén lle sorprende que se fale de melloras as oficinas agrarias comarcais cando “estanse desmantelando”.

Entrevista con Isabel Vilalba desde o minuto 35

«O purín ben xestionado é un abono non é un residuo»

Vilalba non ocultou a súa preocupación polas normas de xestión do purín, que obriga a facer importantes investimentos a un sector bovino que non é un grande contaminante, en comparación do sector do transporte ou cos “grandes cebadeiros de porcos”.

Incidiu na idea de que“o purín ben xestionado é un abono non é un residuo”. Tamén se referiu á problemática dos modelo eólico de Galicia e ao mineiro, facendo referencia ao que acontece en Santa Comba:”Non está habendo nin transparencia nin claridade”. Emprazou á veciñanza a estar informada:”Estas empresas explotan uns anos e despois deixan grandes balsas e comprometen as vivendas da xente e a propia actividade gandeira”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos