10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Aperfasa:”Nos últimos seis anos non se abateu ningún lobo nas batidas que se autorizaron”

A asociación de perxudicados pola fauna salvaxe(APERFASA) apoia a reivindicación da consellería de Medio Ambiente da Xunta da non inclusión do lobo o no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespe).

Segundo o secretario da entidade, Andrés Saavedra,“o lobo ten protección suficiente, non necesita máis protección. Nos últimos seis anos non se abateu ningún lobo nas batidas que se autorizaron en Galicia”.

Entrevista a Andrés Saavedra- desde o minuto 67

En cambio salientou que se “duplicou a cifra” de ataques dos cánidos con 1.200 ataques no 2015 e 2.300 no 2019.”Se continúa esta tendencia a cousa vai a desmadrarse e os gandeiros non imos a poder sobrevivir”.

Pensa que a proposta do Ministerio de Transición Ecolóxica “non ten sentido”, e que procede dun organismo “que non pón nin un só euros para paliar os danos do lobo cando as comunidades autónomas están poñendo cartos”.

Desde Aperfasa agardan unha rectificación por parte do goberno do estado e tamén recriminou que “dalle cartos as asociacións animalistas e ecoloxistas e aos gandeiros cero. No que vai de ano 2020 levaron 1,5 millóns de euros”.

Insisten en que o lobo “non está en perigo de extinción”  e chegan a comprender a postura dos colectivos animaiostas e ecoloxistas que “graza ao lobo leváronse 1,5 millóns de euros, pero non entendemos a postura do goberno do estado”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos