5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

“Aldeas con horizonte”: cincuenta e sete entidades galegas piden un cambio de modelo eólico en Galicia

Cincuenta e sete entidades galegas piden un cambio de modelo eólico en Galicia e a moratoria de novos parques eólicos, así como a “revisión daqueles aprobados que xeren conflitos sociais e/ou ambientais”.

Isabel Vilalba en Radio Xallas

En declaracións a Radio Xallas, a secretaria xeral do Sindicato  Labrego  Galego, Isabel Vilalba, sinalou que se necesita “cambiar totalmente o modelo” por que “non se pode poñer este país nas mans de catro empresas” e que non haxa “un beneficio directo para a comunidade”.

Vilalba referiuse ademais a “importante afectación” que provocan estes proxectos alertando de que con leis de “bases franquistas” está pretendendo desenvolver “instalacións moito máis dimensionadas”.

Escoita a entrevisrta con Isabel Vilalba desde o minuto 35

Un manifesto con 15 principios

O manifesto difundido por organizacións como o Sindicato Labrego Galego, ADEGA, Petón do Lobo, Verdegacia, Ecoloxistas en Acción Galiza,  Fruga, ou a plataforma Non Eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural inclúe quince prinicipios:

1- Planeamento eólico para unha transición ecolóxica ordenada e xusta.

2- Democratización e soberanía enerxética.

3-Aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética.

4-Reponteciamento fronte novas instalacións

5- Fomento do autoconsumo e produción a pequena escala.

6- Iniciativa pública e comunidades enerxéticas fronte a privatización dos beneficios.

7-Concesións públicas fronte a autorizacións administrativas.

8-A expropiación de terras como última opción.

9- Consulta pública real e efectiva.

10-Penalizacións contundentes contra a fragmentación dos proxectos.

11- Compatibilidade coa normativa vixente en materia ambiental, patrimonial e da paisaxe.

12-Novas zonas de exclusión e plan de eliminación progresiva en Rede Natura.

13- Maiores distancias aos núcelos de poboación.

14-Asesoramento e mediación regrada fronte contratos abusivos.

15- Exclusión de empresas de dubidosa reputación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos