16.8 C
Santa Comba
miércoles, abril 10, 2024

”Chegan mandas de animais desesperados coa fame, e levan o cercado por diante”

”Aquí ten máis peso o que din catro ecoloxistas que o que levamos dicindo os gandeiros desde hai anos” sostén Roberto López.

Entrevista minuto 38- Roberto López

O portavoz da asociación de gandeiros “Agromuralla” denuncia que os ataques da fauna salvaxe “cada ano increméntanse máis” e con iso os danos nos cultivos.

“Cada ano os ataques son máis agresivos, esnaquizan ata os peches. Os cercados eléctricos antes eran efectivos, agora xa non. Chegan mandas de animais desesperados coa fame, e todos xuntos, levan o cercado por diante” sinala Roberto López, en alusión ás poboacións de xabaril, aínda que, tamén alerta de “moitos ataques de lobos ao gando caprino e ovino”, unhas cabanas que xa considera “defenestradas”.

ENLACE COMUNICADO DE AGROMURALLA SOBRE A NORMA DOS PURÍNS

“Pero aquí ten máis peso o que din catro ecoloxistas que o que levamos dicindo os gandeiros desde hai anos” sosteñen desde esta entidade, e pensan que á administración “isto fóiselles das mans, fan falta medidas máis serias”.

Critican a estes colectivos ecoloxistas que “reciben millóns de euros” de axudas do estado mentres os agricultores e gandeiros “quedamos  arrinconados”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos