6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Ángeles Vázquez anuncia que a futura Lei de Pesca pretende garantir o relevo xeracional

A futura Lei de Pesca comezou a súa tramitación parlamentaria. Tanto BNG como PSOE pediron a súa retirada, pero foi apoiada polo Partido Popular.

Na súa intervención, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que a futura Lei de pesca está chamada a ser o terceiro piar do marco normativo da Comunidade galega para velar pola protección e conservación do patrimonio natural de Galicia. 

Lembrou que a nova Lei de pesca, que agora inicia a súa tramitación parlamentaria, vén a substituír a actual norma con case 30 anos de vixencia e pon o foco na necesidade de achegar aos máis novos a esta modalidade deportiva, para avanzar no relevo xeracional.A lei prevé a creación de Escolas de río. “É unha medida que está a recoller éxitos noutras comunidades autónomas, como Castela e León”, sinalou a conselleira. 

Tamén se avoga por que os rapaces de ata 14 anos poderán practicar a pesca sen expedir a correspondente licenza, e todos os menores de idade quedarán exentos do pago das correspondentes taxas de obtención de licenza, gozando así mesmo de gratuidade nos permisos para a práctica da pesca sostible.

Ángeles Vázquez salientou que a través desta lei tamén se quere dar unha protección especial ás técnicas tradicionais de pesca, xa que son representativas da cultura e da forma de vida tradicional galega, como as pesqueiras do río Ulla, as estacadas do río Tea para a pesca da lamprea ou os caneiros de Portomarín. Según o goberno galego o obxectivo é que » a pesca siga a ser unha actividade sustentable e respectuosa co medio ambiente, para que os ríos galegos sigan a ser fonte de vida e unha bandeira a nivel natural, medio ambiental e paisaxístico».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos