4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Denuncian novas verteduras de drenaxes ácedas en Varilongo

Veciños de Santa Comba e Ecoloxistas en Acción emitiron un comunicado para denunciar que o Grupo Mineiro Santa Comba » continúa facendo verteduras das drenaxes ácedas para o baleirado de plantas anegadas».

Informaron dos feitos ao Seprona, unha denuncia que se une as xa interpostas por Ecoloxistas en Acción e a Asociación Petón do Lobo a finais de outubro » cando a empresa mineira comezou as labores de drenaxe do pozo».

Segundo a entidade «estas augas residuais industriais de mina circulan por diferentes canalizacións e regos algunha delas e balsas ata verterse no regato da Braña Ancha, cara o Sur do punto de bombeo, e espallarse por toda a contorna augas abaixo até a confluencia co río Xallas».
 
Ecoloxistas en Acción denuncia que «as augas residuais de mina que están sendo bombeadas levan acumuladas no interior da mina case 30 anos, desde finais dos anos 1980, contendo con toda probabilidade altas concentracións de metais pesados, ao tratarse dunha antiga explotación de minería metálica con importantes cantidades cuxo xacemento contén importantes cantidades de sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita) xeradores de drenaxes ácedas de mina, susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente».

Sinalan ademais que «os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento de ditas augas ao dominio público hidráulico».E acompañan varias fotografías.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos