6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Gonzalo Trenor visitou a cooperativa agraria Monte Aro de Mazaricos

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo cos socios da cooperativa agraria Cuma Monte Aro SCG, constituída por 17 titulares de explotacións de vacún, que totalizan en conxunto 1.670 vacas en produción e unha superficie destas explotacións de 632 hectáreas. Durante a visita informou da resolución das axudas concedidas na convocatoria de 2020 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

No concello de Mazaricos, a cooperativa agraria Cuma Xallas-Barcala recibi¡u unha achega de 100.000 euros e a cooperativa Monte Aro SCG, un importe de máis de 88.000 euros,No caso de Monte Aro SCG a axuda permitirá a adquisición dun novo carro mesturador.

O delegado territorial puxo en valor que en toda a provincia da Coruña recibirán estas achegas 11 cooperativas cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros para subvencionar investimentos por case 3 millóns de euros.

Trenor destacou que “os principais obxectivos que se perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria e equipos agropecuarios de forma asociativa, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético”.

O importe da achega será do 35% dos custos, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman como a localización ou as zonas con limitacións naturais. Para a concesión destas axudas valóranse determinados aspectos relacionados coa entidade asociativa, como a súa tipoloxía, en relación a se son cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación (SAT) ou cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (Cuma).

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos