13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Javier Nogueira:”As sociedades de caza son as entidades privadas que máis invirten no medio ambiente”

O presidente da Federación Galega de Caza  reivindicou o compromiso dos cazadores coa natureza:”As sociedades de caza son as entidades privadas que máis invirten no medio ambiente”. Lembrou que “hai máis de 450 plans de odenación cinexética en toda Galicia”, que se acompañan de distintas medidas que promoven os amantes desta actividade.“Queren dar a imaxe do cazador troglodita pero o cazador do século XXI xestiona e coida a natureza” afirmou

Nesta nova tempada Nogueira destacou que o número de licencias está “estable” pero destacou a relevancia desta práctica:”É a actividade deportiva que máis persoas practican en Galicia”.

Entrevista a Javier Nogueira – Desde min 18

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, defendiu a caza como actividade esencial “pola súa vinculación á agricultura e ao ecosistema, xa que é unha actividade necesaria para o equilibrio natural”.

Control do xabaril

Javier Nogueira tamén abogou pola continuidade da caza para o control das poboacións de xabaril:”O 95 % do xabaril cázase na tempada regular, e se esta non se leva a cabo por moitos remendos que lle poñamos non se controla a poboación, xa que se multiplica dunha maneira insostible”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos