O coordinador da Federación Rural Galega(Fruga), Manuel da Cal é directo con respecto ao debate sobre a contaminación:”Hai unha perversión da información e dos datos, a maior contaminación provén da gran industria e do transporte”.
Aínda que se amosa partidario de seguir investigando a posibilidade de reducir a fermentación “a poboación de rumiantes en Galicia mantense estable desde hai trinta ou corenta anos, a actividade agraria galega non aumentou a contaminación.As emisións de C02 do vacún de fai trinta anos son prácticamente as mesmas que emitimos hoxe”.
Entrevista a Manuel da Cal – (Desde minuto 31)
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o dirixente agrario tamén pensa que non resulta “esperanzador” o panorama que se debuxa da Política Agraria Común:”As grandes liñas da PAC non se modifican, seguimos coas mesmas orientacións, vístede de verde pero non se cambian as desigualdades estruturais”.
Desde a Fruga pensan que “estes requerimentos verdes acrecentan os problemas co manexo dos xurros, con máis trabas burocráticas e complican a actividade agraria neste país”.
Manuel da Cal sinala que “o 80% das axudas van para o 20% dos perceptores, e esa diferencia non se vai a cambiar nin a orientación mercantilista da PAC”.Denunciou ademais que “a viticultura e a horticultura non teñen opción a cobrar ningún tipo de axudas”.