Fotos- Xuntanza veciñal en Grixoa de Esternande.
A asociación Petón do Lobo pensa que que tanto a Xunta coma o concello de Santa Comba deberían “paralizar de maneira inmediata as sondaxes e incoar un expediente sancionador á empresa”.
En declaracións a Radio Xallas, Ana Varela, considera que o alcalde xalleiro, David Barbeira, debería “iniciar sen demora” o expediente de protección da Braña da Serra, que xa foi solicitado pola asociación Cova Crea.
ENTREVISTA ANA VARELA(DESDE MINUTO 26)
Un posicionamento da Xunta de Galicia
Con respecto á Xunta, opina que o conselleiro de Industria, Francisco Conde, debería pronunciarse despois que o CEO de Eurobattery Minerals aseguraba “nunhas afirmacións moi atrevidas” que o goberno galego estaba informado deste proxecto mineiro.
Insisten en denunciar a “opacidade” da Xunta e sinalan que “estas cousas non ocorren sen a complicidade da administración”. Denuncian que “están permitindo que estas empresas especulen con terras e recursos”.
Mobilización veciñal
Sobre a xuntanza celebrada en Grixoa de Esternande, Ana Varela cualificouna de “frutífera” e onde se visibilizou que “a xente está precoupada”.
Desde Petón do Lobo están dispostos a seguir informando pero inciden na necesidade de que a veciñanza pida información na Dirección Xeral de Minas e que “denuncien diante da Policía Local ou da Garda Civil, cando vexan facer sondaxes” tanto en Castriz como na contorna.Tamén se iniciou unha recollida de sinaturas.