15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Pídenlle á Xunta que paralice inmediatamente as sondaxes ilegais de Castriz

O proxecto mineiro de Castriz segue dando que falar.A asociación Petón do Lobo insta a  á Xunta de Galicia á paralización inmediata das “sondaxes ilegais” que se realizan nesta parroquia xalleira “en tanto que non someta a exposición pública o proxecto dos permisos de investigación mineira e o plan de restauración das catas, que a mercantil realiza na exploración de níquel, cobalto, cobre e terras raras”.

Desde Petón do Lobo aseguran que o dereito mineiro “Carmen” co que traballa a empresa sueca Eurobattery está caducado desde hai anos.

Informan que este dereito “abrangue núcleos habitados como o de Castriz, San Salvador, Vilartide, Vilardante de Arriba, Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, A Choupana, Escanande, Estévez, Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto, Castro, Choupana, Codeseira…etc”.

Desde este colectivo tamén instan ao alcalde de Santa Comba, David Barbeira, e á corporación local esixille á Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia a paralización inmediata das prospeccións mineiras e o cumprimento estricto da normativa. E animan a veciñanza das parroquias de Castriz e San Salvador “ a organizarse para a defensa das súas casas e as súas terras.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos