O Partido Socialista de Galicia presentou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para “democratizar” o negocio eólico. Así o explicou o viceportavoz Pablo Arangüena, que pretende que “ese negocio eólico redunde o máis posible no beneficio do territorio no que se asentan e non vaian aos bolsillos de grandes grupos empresariais ou que non teñen vinculación con Galicia”.
Escoita a entrevista a Pablo Arangüena- Desde minuto 9
Arangüena ten claro que “o negocio eólico vai ser o petróleo de Galicia” xa que “na próxima década está previsto que se dupliquen” os megavatios instalados na nosa comunidade.As “condicións favorables” de Galicia e a tendencia das políticas da Unión Europea propiciarán un “bum eólico” que xa se está dando.
Por este motivo, desde o PsdeG presentan varias propostas como o establecemento duns “contratos-tipos” orientativos, ou maior transparencia dun rexistro de contratos, a análise da cuestión tributaria ou facilitar que “as propias comunidades ou concellos poidan desenvolver proxectos eólicos”.Os socialistas critican que “a Xunta sempre esta do lado da patronal, das empresas afins e lonxe da cidadanía”