13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Isabel Vilalba:“O mellor cortalumes é a actividade agraria e gandeira”

Entrevista con Isabel Vilalba , a partir do minuto 35

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, defendeu a actividade agraria e gandeira  como “mellor cortalumes”. Vilalba puxo en valor que “cando a biomasa está descontrolada o lume avanza máis.Se hai cultivos a paisaxe-mosaico impide que se propague”.

Explicou a petición do SLG de dimisión do Director Xeral de Montes:”Leva máis de 15 anos facendo sempre o mesmo e non se mellorar a xestión do monte”.

Tampouco entende “como se fai a limpeza de franxas en xullo e agosto” e as birgadas “dependen de organismos diferentes”.Lamentou que no Consello Forestal “non admiten alegacións nin cambios”.

«Hai auténticos polvoríns no monte»

Isabel Vilalba reclama “un sistema coordinado de prevención” e un cambio radical na política forestal.”Non hai coordinación e os medios son precarios. Hai auténticos polvoríns no monte”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, Vilalba tamén falou do sector lácteo  e duns contratos “que non protexen aos produtores” e demandou “un sistema para mediar nos contratos e evitar práctivas abusivas”.Outro tema que se tratou foi a polémica sobre as comisións da entidade ABANCA.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos