13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

A Feira dos Carros

//José Caamaño Andrade//

  Hoxe vou falar de un evento extinxido na terra donde eu vín a este mundo, non teño moitos datos porque este inverno faltóume tempo pa tomarlle un café a Manolo Tome, que me podía contar os seus recordos de cando era neno. Pensaba escoitalo no més de maio, pero non tiven a oportunidade de ir a nosa terra. Outra vez aportaréi mais datos.

 O día 17 de setembtro ata fai máis o menos uns cincuenta anos, celebrábase na Pereira a feira dos carros, (creo que a última fui no ano 1973). Antes había feiras en casi todas as Parroquias, a xente desplazábase a pé, en carros, ou a cabalo, levaba moito tempo percorrer distancias e determinados días o ano facían a feira pa vender o que lles sobrase e mercar o que lles faltase. No concello de donde eu veño, ademáis de as dúas dos carros da Pereira, tamén a había nas travesas, e alguén me comentóu que tamén as houbo en San Martiño. Pero podo asegurarvos que en todas as parroquias que teñades visto un campo con un souto ou unha carballeira houbo feiras, Pesadoira, Vilacerío, A carballeira, Ceilán, Baiñas, etc, etc…. tiveno feira.

  A feira dos carros, tiña ese nome porque en ela podíamos adquirir un carro das vacas, pero en realidade era unha feira donde podíamos mercar calquer aparello de labranza e madeira, serrada ou en toros, eran mui apreciadas as madeiras de carballo que traían dende a parroquia de Santa Baia de Chacín do concello de Mazaricos. Estes madeireiros adoitaban a deixar a madeira gardada desde a feira do día 17 ata a do 26 de setembro nos pallales da casa de «Pereira», (testimonio de un dos fillos de esa casa, Manuel Noya Lois)

En eses días o avó de José Pais, o señor Ramón do Dereito, vendía grandes cantidades de cestos de todos os tamaños, feitiños como peras e si alguén lla encargaba tamén facía nasas para ir as truitas (auténticas obras de arte, totalmente prohibidas e perseguidas por os garda-ríos).
  O meu tío Manuel, marido da única irmán de meu pai e avó de Raquel De Caamaño levaba por o menos dous carros recén feitos, cargados de grades, arados de pau, canisas, xugos de carro, xugos de sementeira e sachar (que tiñan máis distancia entre vaca pa que non puxesen as pezuñas enriba das plantas de patacas ou os pés de millo), pa dous animales de tiro ou pa un só, uchas para o trigo, tallos pa sentarse, ou banquetas, artesas para amasar e gardar comida, e unha longa lista de aparellos de madeira que nos podían servir na casa ou no traballo das leiras. A maior parte de ese material si conseguía vendelo facíao para os que lle quedase lonxe e así non tiñan que facer dúas viaxens e os de perto facíalles o traballo de encarga, así arranxaba carga de traballo para todo o ano

Según miña prima, a señora Divina, curmán dereita de meu pai e irmán do marido da señora Aurora vendía lambonadas en ese día….
  Meu outro tío, Manolo o irmán de miña nai, facía uns loros  que arrabiaban, non sei como tiña tan bó ollo para encontrar o carballo que prestase e sin ningún nó.

 Tamén podíamos encontrar material de ferreiro, sachos, legoñas, ferros para as rodas dos carros, etc….

  Según o meu amigo José Noya (Pepe do Mestre) tamén podíamos tomar uns bós viños na taberna de Daniel ou comer uns bós callos ou un bó «cocido» na casa de Aurora (o marido de esta señora era curmán de meu pai, e súa irmán, Manuela axudoulle a miña nai a que me trouxese o mundo).

Tamén me contóu o meu amigo «Pepe do Mestre» que por a noite había ruada, e os mozos da Pereira e máis os de Pazos, desde que tiñan a cabeza chea de viño, acababan a noite a fumeirazos, que xa iban preparados da casa con eles debaixo da gabardina, (¿como podían aguantar unha gabardina o lombo en pleno vrán?). Que xa se deixaban citados para o día 26, festa na súa parroquia, en San Cosme de Antes, e a segunda feira dos carros na Pereira. Disque de eses deportes, tan de risco, algún quedóu «baldado de por vida», ou medio «lerele» e os responsables saíno escopetados cara Vigo e embarcano rumbo Latinoamèrica pra non rendir contas ante as forzas do orden e as léis, en aqueles tempos en que na primeira toma de testemuña lles quentaban ben o lombo.

A feira celebrábase no mismo campo donde se fan as romerías, o Campo de Vilaboa, antes tamén era o escenario das merendas do día de San Luis. Parroquia singular a Pereira, «a igresia e as misas son da agra acó e as romarías da agra aló» decían os maiores da miña aldea
  Vese que a feira dos carros da miña terra gostaba muito do réximen do tíu Paco que preferíu extinxirse antes da democracia….

   A terra donde eu nacín

leva nome de fruital,

fruitos eu nunca llos vín

pero eu vexo mui mal.

 A terriña da que eu veño,

Pereira, que non dá peras,

¡vaia siudades que teño

de volver un día a ela!

 Aldea dos meus amores

azoutada po-lo vento,

unha das cousas mellores

que levo no pensamento….

Pepe

FOTOS-

Portada Museo Histórico de Lugo

2 e 3- Sociedade Columba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos