13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

O PSOE pregunta: Como vai o Goberno galego a xestionar un posible positivo nunha explotación agrícola ou gandeira?

O portavoz do grupo parlamentario do PSdeG, Martín Seco, alertou que na actualidade “as explotacións gandeiras non teñen ningún tipo de protocolo se aparece un caso de Covid-19”.

Esta situación podería xerar un problema nas granxas afectadas, obrigando aos produtores a “incumprir o confinamento” ou desatender aos animais.

Entrevista a Martín Seco- A partir do minuto 78

“Pode ser gravisimo.Os gandeiros non poden paralizar as súas actividades” sinalou o deputado socialista, que urxe a que o goberno active estes protocolos, e por exemplo, defina “a onde chega o domicilio”.Considera que existe unha falta de iniciativa na Consellería de Medio Rural que debe “buscar fórmulas e dar solucións”.

Os socialistas presentaron varias preguntas sobre este tema no Parlamento e unha proposición non de lei na que piden que se “redacte un protocolo de actuacións para dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos