5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Recrimínanlle aos partidos políticos que deixen a propaganda electoral abandonada

Entrevista a Joao Serdoura Desde o min. 29

Pasou o día e pasou a romaría. As eleccións xa quedan atrás pero continuamos vendo testemuñas en forma de carteis ou bandeirolas.E desde o colectivo ecoloxista Verdegaia queren darlle un tirón de orellas aos partidos políticos “e incidir nesta conduta dos partidos que se repite despois de calquer elección”.

Un dos dirixentes de Verdegaia, Joao Serdoura, lembra que “unha vez rematadas as eleccións debería de ser retirada esta propaganda electoral”. Pero non sempre é así.

Lixo electoral que afecta ao medio natural

“Estamos abandonando un lixo en papel, pegamento, faixas ou bridas de plásticos que acaban tiradas no monte, no río ou na cidade”. Xunto coa afección á natureza “o que nos parece máis grave é o exemplo que están dando”.

Porque, en maior ou menor medida, os partidos políticos nos seus programas apelan ao respecto ao medio ambiente. E como sinala, Serdoura, estamos ante unha “contradicción” e unha “incoherencia”, por parte de opcións políticas que participan en gobernos e lexislan normas para os cidadáns.”Están dando unha mala imaxe” insiste.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos