11.6 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

Denuncian coaccións por parte da firma Inleit aos produtores de leite

Foto- Xuntanza de directivos de Agromuralla e Agaprol

A asociación “Agromuralla” denuncia “coaccións intolerables” por parte da empresa Inleit orientadas a “rachar o contrato asinado no mes de marzo e cambialo por un novo con peores condicións de prezos e prazos”.

A proposta sería un novo contrato con prezos á baixa de entre 2 e 3 céntimos, e viría acompañada de “ameazas de deixar de recollerlles o leite ou emprender accións legais contra eles”.

Reclaman a intervención da Xunta e do Goberno do Estado

«A empresa leva semanas celebrando reunións individuais cos gandeiros para presionalos para que acepten rebaixar as cláusulas dos contratos que teñen asinados, algo que é totalmente ilegal, con presións e ameazas que son intolerables» afirma o portavoz da asociación Roberto López.Reclaman a intermedicación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agirucltura.

Segundo Agromuralla os gandeiros temen represalias xa que «a toma e custodia de mostras ao leite está en mans das empresas, que son as encargadas de envialas ao Ligal, de xeito que os produtores están indefensos en casos de analíticas sospeitosas». Reclaman un “cambio nos protocolos do Ligal” para que se garanta «a correspondencia dos resultados das analíticas coas mostras do leite tomadas nas explotacións».

Xuntanza con AGAPROL

Membros da xunta directiva de Agromuralla  celebraron a semana pasada unha xuntanza con integrantes da Organización de Produtores de Leite AGAPROL, que reúne a case 600 gandeiros de 8 comunidades autónomas, co obxectivo de explorar vías de colaboración conxuntas para a defensa dos gandeiros e a mellora dos contratos lácteos, que malia ás últimas reformas legais introducidas, seguen beneficiando claramente a unha das partes, as industrias, en detrimento dos produtores.

No encontro, celebrado na sede de Agromuralla en Lugo, analizouse a situación xerada trala recente modificación da Lei da Cadea para a inclusión dos custos de produción nos contratos, que as empresas están a saltar trasladando esa responsabilidade aos gandeiros, así como ás revisións xeralizadas á baixa nos novos contratos por parte da maioría de industrias, algo que claramente incumpriría as normas da Competencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos