19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Finou Amador Rodríguez Troncoso, valedor dos intereses agrarios das comarcas de Barcala, Xallas e Amaía

Amador Rodríguez Troncoso faleceu aos 98 anos. Nado en 1922 nun pobo do concello pontevedrés da Cañiza, asentouse desde fai de cinco décadas no concello de Negreira, onde comezou a traballar na primeira Axencia de Extensión Agraria de España.

Foi un dos impulsores da cooperativa Feiraco, impulsou concentrancións parcelarias (San Xoán de Barcala ou Santa María de Ordoeste, foron as primeiras), cooperou na introducción das vacas frisonas na zona, e foi un auténtico valedor dos intereses dos agricultores e gandeiros de Xallas, Barcala e Amaía durante moitos anos.

Rodríguez Troncoso, que recibiu unha homenaxe en 2015, foi un home comprometido co idioma galego. Escribiu o libro “Os albores de Feiraco” e  xunto con José García Gutiérrez e Gerardo L. García publicou “El servicio de extensión agraria vivencias, recuerdos y vigencia”.

Nun dos seus libros, o socio fundador de Feiraco e cronista oficial de Ames, Maximino Viaño contaba:“Hablar de Amador o de Extensión Agraria en aquellos tiempos en A Mahía, Barcala y tierras de Xallas era para muchos agricultores ver el cielo abierto”.
Un pequeno testemuño dunha gran persoa.

O funeral de corpo presente será este luns as 16h na Capela do Cotón-Negreira. Recibirá sepultura no panteón familiar do novo cemiterio parroquial de Negreira.

FOTOS-Capturas TVG (A Labranza)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos