1.3 C
Santa Comba
domingo, diciembre 4, 2022

Para Ánxeles Vázquez coa Lei de Cambio Climático «o PSOE quere ignorar ós galegos»

A conselleira de Medio Ambiente recoñeceu estar “preocupada” polas afirmacións do PSOE, que asegura que as críticas do PP á Lei do Cambio Climático “non son reais” xa que deste xeito “ou queremos ignorar aos galegos ou non len os proxectos de lei”.

Ánxeles Vázquez manifesta que o artigo 18 desa Lei de Cambio Climático “supón un cambio total e absoluto no regulamento de costas e na duración das concesións” que sitúa en situación de risco a un cento de empresas  e a cinco mil construcións ao longo da costa galega.

“Pedimos que se quite ese artigo” dixo Vázquez, criticando que por parte do goberno de Pedro Sánchez “non houbo diálogo previo cos afectados”. Agarda que “non se trate dunha decisión ideolóxica sen máis”.

«Non podemos consentir que haxa máis xabarís que vacas»

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas tamén se referiu á problemática do xabaril: “Entendo o cabreo xeralizado do gandeiro cando fai a plantación e de repente o xabaril lla levanta” afirmou a conselleira que asegurou que a Xunta estaba facendo unha esforzo xa que comprende que hai que manter a biodiversidade pero “non podemos consentir que haxa máis xabarís que persoas ou que vacas”.

Citou a modificación da Lei de Caza para favorecer as batidas e a declaración de zonas de emerxencia “para cazar todo o ano” ou a posibilidade de cando haxa desperfectos “poder autorizar batidas en menos de 24 horas”.

Tamén lembrou que se duplicaron as axudas por danos ata un millón de euros e que hai liñas de axudas para prevención “para poder ter cans especiais ou facer peches perimetrais”. Dixo que a implantación de xaulas en varias zonas do territorio “é outra opción que temos plantexada”.

Segundo a conselleira “tíñamos un descontrol e espero que agiora sde vaia controlando, recoñecendo que “hai zonas nas que temos que intensificar as accións”.

Escoita a entrevista con Ánxeles Vázquez, a partir do minuto 23 do audio

Os pescadores, protagonistas dos ríos

Sobre a pesca fluvial, Vázquez asegurou que “os verdadeiros protagonistas dos ríos son os pescadores porque os coidan”. Explicou que a Xunta pretende promover axudas a asociacións “que fagan as limpezas dos ríos e poidan contratar a personal para vixianza e poder frear o furtivismo”.

Un obxectivo da consellería é conseguir que as licenzas para pescadores aumenten e os mozos “se metan neste mundo porque é moi saudable”.Unha das apostas son as “Escolas de Río”

Outros temas que se trataron nesta entrevista foi a queixa dos alcaldes de Mazaricos, Santa Comba, Negreira, A Baña e Outes polos parques eólicos, as bandeiras azuis ou a problemática do lobo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos