Escoita a entrevista con Félix Porto desde o minuto 35
O avogado e responsable da área externa de Unións Agrarias animou aos gandeiros a reclamar “antes do 11 de xullo para interrumpir a prescripción”, en referencia a “batalla xudicial” relacionada co “Cártel do Leite”.
“Todas as persoas que eran titulares de explotacións e comercializaban leite entre 2000 e 2013 teñen a posibilidade de facer esa reclamación” aclarou Félix Porto, que estima que “aínda moitas persoas non o fixeron”.
Deixou claro que naquel entón había 35.000 explotacións activas en Galicia e que “calquera gandeiro pode reclamar” independentemente que estivera vinculado coas industrias sancionadas.
Servizos de Unións Agrarias
Desde Unións Agrarias explican que cobrarán , no caso de gañar, o 10% da cantidade percibida polos gandeiros que sexan socios do sindicato e un 20% aos que non o sexan.
Lembrou que foi unha denuncia de UUAA a que orixinou este procedemento no que “se utilizaron prácticas ilícitas, alterando un mercado de libre competencia”.
Porto Serantes estima que se deberían percibir uns tres céntimos de euros por litro de leite comercializado máis os intereses. Advertiu que “pódese perder unha oportunidade histórica de presentar unha reclamación” que finalmente compense as perdas económicas ocasionadas e “todo o que se leva padecido neste sector”.