16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Cinco concellos piden a paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma

//Unión dos concellos de  Mazaricos, Outes, Santa Comba, Negreira e A Baña//

Os alcaldes dos concellos de Mazaricos, Outes, Santa Comba, Negreira e A Baña, enviaron un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no que solicitan a paralización de “todos os trámites vinculados aos proxectos de instalación dos parques eólicos iniciados durante o Estado de Alarma”.

Os rexedores tamén piden que se “proceda a modificar o actual marco normativo referido ao sector eólico en Galicia para que atenda aos intereses da poboación rural”. Ao fío disto afirman que “a enerxía eólica pode ser fomentada sen atentar contra os intereses socioeconómicos da contorna onde se produce”.Sosteñen que a reactivación de prazos para formular alegacións no mes de abril, en pleno confinamento, “impediu desenvolver” as xuntanzas precisas coas persoas afectadas e entre os propios municipios.

No seu escrito explican que a veciñanza afectada polos proxectos eólicos ten, en xeral, «unha idade avanzada» e carecen de acceso a internet. Ademais por mor do Estado de Alarma quedou limitada  a “posiblidade dos concellos de xuntarse coas persoas afectadas para explicarlles o estado da tramitación dos expedientes ou calquera tipo de circunstancia derivada”.

Fonda preocupación social polos proxectoe eólicos

Desde os concellos de Mazaricos, Outes, Santa Comba, Negreira e A Baña aseguran que existe unha «fonda preocupación» polo grande número de proxectos eólicos na contorna moitos deles en núcleos habitados”.

Os mandatarios Juan Blanco, Manuel González, David Barbeira, Manuel Ángel Leis e José Antonio Pereira tamén poñen de manifesto que a lexislación actual establece unha distancia mínima dos paus cos núcleos “insuficiente, pois só son 500 metros algo que non recolle a realidade poboacional galega”.

Outros dos temas que cuestionan é a “fragmentación en diversos proxectos de parques que, en realidade, amosan continuidade e comparten infraestruturas”, polo que se debería falar, neses casos, dun «único parque». Para os alcaldes “as poboacións rurais están a soportar en exclusiva os custos ambientais da produción de enerxía eólica mentres que os beneficios que permanecen nos territorios son mínimos”. 

Información sobre parque eólicos en Adiante Galicia

Nos últimos meses, Adiante Galicia, foi dando conta das novidades sobre proxectos éolicos. Estas son as últimas noticias. Para ir á nova só debes premer na ligazón.

Green Capital Power se posiciona con el proyecto eólico “Vilartoxo” en A Baña y Val do Dubra

Sale a exposición pública el parque eólico “Barrosino” en A Baña

Greenalia avanza en la tramitación de tres parques eólicos previstos en Dumbría y Vimianzo

Promueven alegaciones contra el parque eólico “San Cosmeiro” en Mazaricos y Outes

José Antonio Diéguez:”No se debe consentir que se instalen parques eólicos al lado de las casas”

La fiebre eólica continúa: Iberdrola proyecta dos parques que afectan a Tordoia, Trazo, Carballo, Vimianzo y Muxía

Greenalia pondrá en marcha cuatro parques eólicos durante este 2020

Sale a exposición pública el documento de inicio del proyecto éolico “San Cosmeiro” en los municipios de Mazaricos y Outes

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos