10.7 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Interpretación e comentario da Federación Galega de Pesca sobre as medidas publicadas no BOE deste venres

Compartimos un artigo do presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo Méndez

Perante a situación sanitaria na que nos atopamos fóronse adoptando por parte das nosas autoridades, tanto estatais coma autonómicas, unha serie de medidas que afectaron directamente á actividade da pesca deportiva.

Estas medidas acatámolas todos coa disciplina que correspondía. Non obstante, nestes intres, o que máis nos está afectando é a falta de concreción e claridade nas actuais normas para a progresiva recuperación da normalidade.

Primeiro faría falta saber se o noso goberno central entende a pesca coma un deporte ou coma unha actividade agraria. Inda que no caso da pesca en augas continentais poida haber algunha dúbida, no caso da pesca marítima xa nondebería. 

Asemade se son coñecedores da diferenza entre pesca deportiva federada e non federada. O de “todos somos iguais” non é certo. Nin o é no deporte da pesca nin en ningún outro. Non é igual o que practica o fútbol o domingo cos amigos ao que o fai coma federado. Un federado pode chegar a representar a Galicia en competicións de ámbito estatal ou mesmo internacional, un non federado nunca.

De acordo co publicado hoxe no BOE, para a práctica deportiva a partir de mañá, e sempre dentro das normas e limitacións establecidas, non se exclúe ningún deporte. Dándose mesmo a curiosidade que os pescadores deportivos de mar si poderán practicar o seu deporte, pero os de augas continentais non.

Actualmente na nosa comunidade, como en algunhas outras, está suspendida temporalmente a práctica da pesca fluvial, e polo que parece non hai intención de modificar esta situación. En aquelas autonomías que non teñen mar non hai discriminación entre deportistas que desenvolvan coma especialidade deportiva a pesca, pero en Galicia si.

Tendo presente que para retomar a actividade deportiva de mañá o BOE non distingue entre actividade deportiva federada ou non federada, todos saimos perdendo. 

Todos imos asumir que, xa que non nos deixan coller o coche, nin saír do concello para ir de pesca, que máis dá? O que me pregunto eu é; comofarán os surfistas para chegar aos seus escenarios deportivos?.

Cóidense moito, sigamos á espera do que decidan os que mandan, recémosllea Santo Job para que nos dea paciencia e fagan coma min, non intenten comprendelo ou as dúbidas e as preguntas aumentarán

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos