8.3 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Aquí estamos coa bandeira da esperanza, co facho luminoso dun pobo forte, experto en superar os golpes do destino

Editorial “Na Encrucillada”(Radio Xallas) martes 21 de abril. Xosé Manuel Lema.

Pasará. Claro que pasará. Como pasaron tantas cousas. Con atrancos, erros e incertezas. Con momentos que quedarán escritos na memoria para sempre. Con imaxes tristes e seguramente cunhas pegadas que , en moitos casos, tardarán en cicatrizar.

Sairemos adiante. Aínda que sempre quedan persoas e cousas no camiño. Non son simples números. Son historias que rematan. Despedidas incompletas. Duro non poder dicir un adeus como ti queres. Complicado explicar todo o que estamos vivindo.

Pero aínda que as veces as bágoas queiran rebentar nos ollos e o corazón viva enfermo; hai que mirar cara adiante e non resignarse. O pesimismo é algo que non nós podemos permitir.

Non quero mirar para as rúas baleiras. Quero ver o sorriso dun neno nun balcón, como cada día as 8 da tarde. Quero volver a ler esas mensaxes dos seres queridos desde a distancia.

Ter esa sensación de que o pesadelo está a piques de rematar. Sabendo que todo posiblemente sexa diferente. Pero que hai vida detrás deste cristal. Que tamén aprenderemos algo de todo isto. Que avanzaremos con forza, levando no noso peito tatuado o nome dos que non están.

Aquí estamos coa nosa bandeira da esperanza, co noso facho luminoso dun pobo forte, experto en superar os golpes do destino. Colle aire e pensa que lembraremos todo isto desde o máis parecido á normalidade.

Envoltos en tanto esforzo e na xenerosidade de moitas persoas que se sacrifican por nós, venceremos. Inspirados no exemplo de tantos heroes anónimos que superan as horas nas súas casas. Entre tod@s superaremos esta difícil proba.

E volveremos a recuperar o ritmo das nosas vidas. Agora, toca resistir desde as nosas posicións, sabendo que cada día é un paso adiante máis.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos